Feijóo lamenta os incendios "provocados" e pide que o Goberno indemnice e avalíe os danos

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, lamentou este domingo desde a localidade pontevedresa de Cambados, á que acudiu para participar na Festa do Viño Albariño, os incendios forestais provocados por "persoas desalmadas" e demandou ao Goberno un Ministerio de Medio Ambiente e non de "intransixencia enerxética".


|

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, atende aos medios en Cambados, Pontevedra.
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, atende aos medios en Cambados

Feijóo regresou a Galicia o día de onte para participar como mestre do Capítulo Serenísimo na LXX Festa do Viño Albariño de Cambados. Durante a súa estancia en Cambados recoñeceu que "o cambio climático, a prolongación da seca ou o incremento das ondas de calor" son causas dos incendios forestais" que están a arrasar Galicia. Con todo, "a causa fundamental", apunta o líder do Partido Popular, é "a actividade incendiaria que se produce de forma constante e reiterada".

 

Feijóo afirmou que os incendiarios que están a provocar os lumes a través de "distintos focos, principalmente de noite, cando os medios aéreos non poden volvar". Engadiu, ademais, que "o fan con interese de producir unha catástrofe ambiental e ás veces mesmo poñen en risco vidas, aldeas e patrimonios".

 

Na súa intervención, pediu que non se pense que os incendios son "algo inevitable" e que "toda a consecuencia dos mesmos é o cambio climático". "Estariamos a nos equivocar no diagnóstico. Debemos ser implacables cos que producen este tipo de incendios, que non deixa de ser terrorismo forestal que ningún pobo merécese", proclamou o líder dos populares.

Por outra banda, lamentou que a Festa do Viño Albariño teña que celebrarse "embazada parcialmente" polos incendios forestais, que "seguen pegando moi duro en Galicia", "unha das comunidades con maior masa forestal de España".

Feijóo insistiu tamén nas propostas do Partido Popular. Entre elas, que o Exército axude "con todas as súas capacidades para vixiar os bosques ou desaloxar veciños", que o Goberno actúe cun Ministerio de Medio Ambiente e que se avalíen os danos, indemnícese nos casos necesario e utilícense fondos europeos para a conservación dos montes.

O expresidente da Xunta asegurou ademais que é para el "unha honra" estar de volta en Galicia e especialmente "nunha das festas máis importantes desde o punto de vista gastronómico" como é "o viño Albariño Denominación de orixe Rías Baixas". Valorou em este sentido que se puido recuperar a festa tras dous anos de pandemia, o que indica que "xa estamos nunha situación de maior normalidade", apunta.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE