EU cualifica de "racista" á Xunta polo seu "boicot" a acoller a máis de 300 migrantes
Esquerda Unida sinala que as comunidades gobernadas polo PP están en mans de Vox
Esquerda Unida cualificou de "racista" o "boicot" do Executivo autonómico ante as medidas do Goberno central para acoller a 317 migrantes.
"A Xunta, no canto de preparar e abrir novos recursos de acollida, tanto para os nenos que actualmente o necesitan como para recibir aos menores migrantes, dedica os seus esforzos a interpor un recurso de inconstitucionalidade contra o real decreto", o portavoz de EU, Liño Costas.
Así, nun comunicado Esquerda Unida asegurou que "non hai motivos" para non acoller que "non sexan racistas". A "negativa", continuou o partido nun comunicado, para acoller e os recursos anunciado por parte das comunidades autónomas do PP "está estreitamente vinculada" a que "moitas desas comunidades seguen en mans de Vox".
Escribe o teu comentario