Vandalizan numerosas sedes do PPdeG nun ataque nocturno coordinado
Alguén ha vandalizado numerosas sedes do Partido Popular de Galicia nunha acción coordinado durante a pasada noite. Polo menos seis locais apareceron cubertos de carteis nos que se acusa á formación conservadora de ser un “partido pirómano”.
As sedes atacadas foron, polo menos, as de Santiago, Ourense, Ferrol, Sada, Lugo e Gondomar, segundo figura nun correo electrónico con fotos enviado aos medios de comunicación. Nesa comunicación indícase que os carteis non levan a firma de ningunha organización.
Galiciapress confirmou con fontes oficiais do Partido Popular de Galicia os actos de vandalismo, aínda que todavían están a identificar a lista completa de locais afectados. O PP prepara nestes momentos unha nota de condena.
Os remitentes da comunicación sobre a sabotaxe culpan ao Partido Popular de ser o responsable da crise medioambiental en Galicia, en referencia á gran vaga de incendios que arrasou sobre todo a provincia de Ourense e o sur de Lugo. Táchano de "Partido Pirómano" que leva "17 anos queimando Galiza".
A comunicación indica ademais que estes carteis levan tempo aparecendo nas rúas de varias cidades galegas —por exemplo, na zona vella de Santiago de Compostela—, criticando o que cualifican como "políticas anticlimáticas".
A vaga de incendios do pasado verán deixou miles de hectáreas calcinadas en Galicia, unhas 170.000. Foi a maior da historia. Arderon decenas de casas, moitas habitadas, e obrigou a activar numerosos desaloxos . Os lumes, alimentados polas altas temperaturas, o abandono do rural e a seca, provocaron importantes danos medioambientais, económicos e sociais.
A xestión política da crise xerou unha intensa polémica, con acusacións cruzadas entre partidos sobre a prevención, os medios dispoñibles e a resposta institucional. No centro do debate segue o modelo forestal e as políticas medioambientais aplicadas na comunidade.
Escribe o teu comentario