Rueda fala de manter "en cifras razoables" os eucaliptos no seu defensa da moratoria
O inventario forestal cifrou o aumento en 6% de eucaliptos en 2024 respecto ao ano 2022, anos onde estivo vixente a moratoria.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que a Administración autonómica segue co obxectivo de manter "en cifras razoables" o número de eucaliptos na Comunidade despois de que o inventario forestal continuo de Galicia detectase a presenza dun aumento do 6% de eucaliptos en 2024 respecto ao ano 2022.
Así, a preguntas dos medios tras a reunión semanal do seu Executivo, Rueda argumentou que o inventario forestal "baséase en datos técnicos" e que esas árbores teñen agora "unha talla" que permite ser computados.
En todo caso, insistiu en que a Xunta quere manter os seus obxectivos de face a 2040. "Se non quixésemos mantelos en cifras razoables non se tomaron os acordos respecto da moratoria, e que agora irán incorporados na lei de acompañamento", subliñou.
En canto á moratoria, reiterou que non foi "unha decisión sinxela" e recoñeceu que "probablemente non satisfai a todas as partes ao 100%, aínda que reivindicou que alcanzou "un alto consenso" para un tema "tan importante para Galicia".
Escribe o teu comentario