Sindicatos ameazan con máis días de folga de profesores mentres "aumenta o malestar" nos colexios
Desde CIG-Ensino reclaman á Consellería de Educación que se abra ao diálogo para que "non alargue máis este conflito".
Pasaron xa dúas semanas desde que tiveron lugar as 48 horas de folga nos centros educativos de Galicia convocada polo Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) e a Confederación Intersindical Galega (#CIG). Por primeira vez desde os anos 80 se celebreron dúas xornadas seguidas de paros con centos de docentes reclamando, entre outras medidas, a baixada dos cocientes, melloras salariais ou unha rebaixa na burocracia. Desde CIG-Ensino fan balance do éixto da convocatoria e anuncian que, si desde a Conselería de Educación non dan pasos para "desbloquear" as negociacións, haberá "máis mobilizacións" na educación pública galega.
MÁIS DÍAS DE FOLGA?
Así o fixeron constar nun escrito dirixido a Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, onde lle fixeron saber que o profesorado, despois de tres días de folga desde que arrincou o curso en setembro, espera "algún movemento" da Xunta. "Non pode seguir ignorando este clamor", reitera o sindicato, á vez que salienta que, pola súa banda, "non abandonou os intentos de negociación".
No entanto, Laura Arroxo, secretaria nacional de CIG-Ensino, xa remarcou en conversación con este diario as distancias existentes xa non só coa Consellería de Educación, senón cos sindicatos asinantes do chamado "acordo da miseria", aos que pide saír do pacto e sumar ás protestas contra o Goberno de Galicia.
Arroxo reclama á Consellería que "non alargue máis este conflito" e buscar unha solución ou, pola contra, "o sindicato maioritario continuará dando resposta ás demandas do profesorado con máis mobilizacións". Nese sentido, desde a CIG pon o acento en que "o malestar do profesorado vai en aumento" e que resulta urxente atender ás demandas do colectivo, algo que só será posible si ábrense de novo as negociacións e si incorpórase "unha partida que permita acometer nos orzamentos xerais" as melloras que se acorden.
Escribe o teu comentario