Rueda pasa de presidir o Consello da Xunta para ir a un acto do PP en Madrid por segunda vez nun ano
O presidente dá prioridade outra vez a un acto do seu partido fronte á reunión máis importante do Goberno de Galicia, cuxa coordinación lle compete. A oposición critica a súa ausencia e o PP garda silencio ante as críticas.
O presidente da Xunta ausentouse por segunda vez do Consello da Xunta en menos dun ano. Hoxe non presidiu a reunión do máximo órgano da Administración Autonómica como tampouco o fixo o 23 de xullo de 2024. En ambas as ocasións o mandatario preferiu acudir a Madrid á Xunta Dirección Nacional do Partido Popular.
A estas dúas ausencias hai que sumar, polo menos parcialmente, unha terceira, cando o presidente si acudiu á reunión pero delegou en Diego Calvo a rolda de prensa na que o Goberno informa á cidadanía dos acordos do Consello. Iso sucedeu o 28 de outubro de 2024, nese caso para asistir ao Comité Executivo Nacional do Partido Popular no Hotel Hyatt Regency Hesperia en Madrid.
CRÍTICAS DA OPOSICIÓN
A oposición, loxicamente, cargou moi duramente contra o presidente. Ana Pontón, #BNG, tachou o sucedido de moi grave e asegurado que a prioridade de Rueda non é Galicia se non “cumprir o que a mandan desde Madrid”.
Pola súa banda, o líder do #PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro atacou ao “presidente ausente” e o que tacha de política de seguidismo do que marca desde Xénova o seu mentor, o ex-presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijóo. Como exemplo, puxo o tema da condonación da débeda ofrecida polo Goberno de España.
RESPOSTA DO PP
Galiciapress púxose en contacto co Partido Popular de Galicia para obter unha resposta ás críticas da oposición, pero a forza que sustenta ao goberno declinou facer comentarios.
Cando foi criticado pola súa ausencia en xullo, Rueda argumentou que era normal que non fose ao Consello da Xunta porque "o presidente pode ser para un caso puntual perfectamente substituído" e que "iso non quere dicir en absoluto que se desatendan as miñas obrigacións".
QUE DI A LEI?
Segundo o Estatuto de Autonomía, ao presidente “dirixir e coordinar a acción do Consello da Xunta e dos distintos departamentos en que se organiza a Administración autonómica" e tamén "Convocar as reunións do Consello da Xunta, fixar a orde do día e presidilas".
Con todo, a norma non obriga ao presidente asistir explicitamente. A Lei 1/1983, de 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, que complementa o Estatuto, establece no seu artigo 5 que o presidente pode delegar a presidencia do Consello da Xunta nun conselleiro en casos de enfermidade ou ausencia.
O primeiro acto oficial de Rueda en Galicia hoxe é esta tarde en Pontevedra, segundo a axenda oficial difundida polo Goberno.
Xénova reune aos baróns para que arroupen a Feijóo na presentación do seu conclave
O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, presentou este luns o XXI congreso que a súa formación celebrará os días 4, 5 e 6 de xullo en Madrid.
Feijóo presenta o congreso do PP como a porta para "rescatar a España de Sánchez"."É pasado, nós o futuro", asegurou na Xunta Directiva Nacional do PP, á que convocou a Rueda e ao resto de baróns.
Escribe o teu comentario