PPdeG tacha de "alboroto" as manifestacións contra Altri: "Van en contra do futuro de Galicia"
Nun comunicado, o PPdeG reiterou o seu apoio a todas as empresas que queiran asentar en Galicia para "xerar riqueza, fixar poboación no rural e ofrecer oportunidades de futuro"
A secretaria do PPdeG, Paula Prado, denunciou que as "ameazas, alboroto e manifestacións protagonizadas" pola esquerda, en referencia ao caso concreto de Altri, van "en contra" do futuro de Galicia, porque "se opoñen á posibilidade de ofrecer emprego aos mozos e fixar poboación no rural".
Nun comunicado, o PPdeG reiterou o seu apoio a todas as empresas que queiran asentar en Galicia para "xerar riqueza, fixar poboación no rural e ofrecer oportunidades de futuro".
Prado incidiu en que, o proxecto a multinacional lusa Altri quere pór en marcha en Palas de Rei, conta cunha Declaración de Impacto Ambiental favorable "avalada con rigorosidade, transparencia e seriedade dos 34 informes elaborados por 42 técnicos da Xunta".
"O galego poden estar tranquilos", asegurou Prado, á vez que rexeitou as "ameazas, o alboroto, as manifestacións e ruído dun PSdeG e BNG que sempre estiveron a favor de Altri e só cambiaron de opinión tras as eleccións autonómicas".
Escribe o teu comentario