O PSdeG esixe á Xunta a posta en marcha da unidade de oncoloxía infantil "este ano"
Os socialistas criticaron o "deixamento" do Executivo galego ao "deixar lonxe" as promesas "asumidas en 2017" ao crear unha unidade de oncoloxía pediátrica de Galicia que traballase en rede para "provechar os recursos e coñecemento fronte a esta enfermidade"
A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Elena Espinosa, esixiulle á Xunta "avances urxentes e máis prevención e investigación" sobre o cancro infantil e reclamou que se poña en marcha "este mesmo ano" a unidade de oncoloxía pediátrica.
Segundo informou o PSdeG nun comunicado, Espinosa presentou unha batería de iniciativas parlamentarias coincidindo coa conmemoración do Día Internacional do Cancro Infantil.
Neste sentido, criticou o "deixamento" do Executivo galego ao "deixar lonxe" as promesas "asumidas en 2017" ao crear unha unidade de oncoloxía pediátrica de Galicia que traballase en rede para "provechar os recursos e coñecemento fronte a esta enfermidade".
Por iso, advertiu de que tras "oito anos daquela promesa" a realidade é que "desgraciadamente" a unidade "apenas avanzou". Espinosa remarcou a importancia de ter esta unidade "plenamente operativa", que "garantirá unha visión suprahospitalaria e empregaría a totalidade dos recursos asistenciais" do Sergas para a atención do cancro infantil de maneira coordinado.
Escribe o teu comentario