Unha enquisa sitúa a Alvise á alza en Galicia e ao PSOE en claro descenso

O inicio de febreiro trae as primeiras edicións dos barometros demoscópicos a nivel estatal con datos desagregados de Galicia e as noticias son malas para a esquerda e en particular para o PSdeG. 

 


|

A enquisa de xaneiro de 40dB para o grupo Présa puña aos socialistas por diante. Algo moi sorprendente dado que o PPdeG case sempre gana as eleccións, aínda que é certo que nos xenerais a marxe tende a estreitar.

 

A enquisa de febreiro é unha ducha fría de realidade para o PSdeG-#PSOE que pasa de primeiro con 28% a segundo co 21%. 
 

O Partido Popular crece até o 27%, fronte ao sorprendente, por baixo, 18% de xaneiro. O BNG baixa un pouco, do 14% ao 11%.


En termos xerais, o panorama deste mes está bastante máis inclinado cara á dereita. Ademais da forte alza dos de Alberto Nuñez Feijóo, irrompe Acabouse a Festa do eurodiputado ultra Alvise Pérez cun 5% á conta dun Vox que descende un pouco, do 9% ao 8%.
 

Tendo en conta que para participar na fórmula de repartición de deputados por provincias é necesario recoller polo menos un 3% de voto nunha provincia, a priori nin SALF, nin Podemos nin Sumar, que agora mesmo posúe un deputado pola Coruña e outro por Pontevedra, terían opcións de conseguir representación por Galicia. 

 

 

Vox tería opcións, aínda que poucas, de entrar pola Coruña ou Pontevedra -as circunscricións que máis deputados reparten- , aínda que hai que ter en conta que encadea varios comicios con porcentaxes relevantes pero quedar ás portas.

 

Si extrapolamos os resultados desta sondaxe a unhas eleccións galegas, as opcións de Vox serían case nulas, pois o límite nos comicios autonómicos é do 5%, polo que Vox tería que concentrar máis da metade dese 8% ou 9% dos votos nunha soa das catro circunscricións.


As cifras españolas confirman o avance da ultradereita

As tendencias observadas en Galicia concuerdan coas vistas a nivel estatal. O PSOE queda co peor dato no barómetro desde as eleccións do ano pasado, encadeando seis de sete barómetros cunha tendencia á baixa. 

 

A ultradereita marca cifras rércor cun Vox que rolda o 15% a nivel estatal, ascenso que lle pasa unha leve factura ao PP, estancando en torno ao 34,5% de estimación de voto. Pola esquerda, en España apréciase o mesmo que en Galicia, Podemos á alza e Sumar á baixa, con porcentaxes moi semellante pero que, agregados,non chegan a ou que conseguiron cando compartían siglas.


 

HTj78 intenci n de voto elecciones generales galicia
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE