Heriberto, nonagenario, morre sen recibir axudas da dependencia que pediu en 2023

O seu caso non é excepcional pois todos os meses falecen decenas de galegos coas súas solicitudes de axudas pola Lei de Dependencia nas pavías, segundo revela o SLG.


|

Margarida Prieto Ledo del SLG con Modesta, Heriberto e unha veciu00f1a tamu00e9n afiliada a este sindicato en una foto remitida por la organizaciu00f3n
Margarida Prieto Ledo do SLG con Modesta, Heriberto e unha veciu00f1a tamu00e9n afiliada a este sindicato nunha foto remitida pola organizaciu00f3n

 


A pesar das promesas da Xunta de Galicia, os atrasos nas valoracións e concesións de axudas á dependencia seguen sendo unha realidade desesperante. Organizacións como o Sindicato Labrego Galego (#SLG) denuncian que as esperas, que poden superar os dous anos, están a deixar ás persoas máis vulnerables desatendidas.

 

A organización agraria cita o caso de  Heriberto e Modesta, dous anciáns de 98 e 95 anos. A súa solicitude, presentada en decembro de 2023, resolveuse parcialmente cando Heriberto foi valorado en agosto de 2024. No entanto, faleceu en outubro dese mesmo ano sen recibir os servizos necesarios. Modesta, a día de hoxe, segue sen noticias sobre o seu expediente, denunciou Margarida Prieto, vogal do SLG no Consello Galego de Benestar Social.

 

Falta de persoal e recursos  

En Galicia, os datos son alarmantes: a porcentaxe de grandes dependentes (grao III) supera en nove puntos a media nacional, segundo o SLG. Con todo, só o 18% das persoas potencialmente dependentes solicitan axuda, o índice máis baixo do Estado español.

 

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia apunta á escaseza de equipos de valoración como unha das principais causas do problema. As medidas tomadas no pasasdo é evidente que non resultaron efectivas debido á falta de persoal. Está por ver que pasa coa simplificación administrativa que a Xunta anunciou a finais de 2024 e que entrou en vigor o 1 de xaneiro.

 

 

 

 

 

Ademais, segundo o SLG, o tempo media para recibir os servizos tras a súa aprobación supera o ano. Segundo os seus datos, ntre xaneiro e outubro de 2024, máis de 300 persoas faleceron mentres agardaban en listas de espera, segundo datos do Instituto de Maiores e Servizos Sociais.

 

Propaganda ou solucións reais?

En 2023, a Xunta lanzou un plan prometendo para reducir á metade as listas de espera e presentou iniciativas como o Bono Coidado de 5.000 euros. Con todo, colectivos como o SLG alertaron que estas medidas non só priorizaban o acceso a servizos privados, senón que reducían o financiamento de programas públicos esenciais, como o Servizo de Axuda non Fogar (SAF). 

 

Ante a reiteración de críticas como as vertidas hoxe polo SLG, a Consellería de Política Social leva meses insistindo en que os cambios normativos que están implementando axilizarán os procesos e mellorarán os tempos de resposta.  As últimas modificacións entraron en vigor en 2025, fixando como obxectivo dar resposta nun prazo máximo de seis meses. Conseguirao esta vez a Xunta?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE