O conselleiro Campos alega que Daniel Chapela dimite por cuestións alleas ao galego

A renuncia de Daniel Chapela atacando ao seu propio partido sacudiu a política galega este martes. Non pola súa importancia -o edil de Bueu e até hoxe coordinador de Cultura na Executiva do PPdeG non era unha das caras máis coñecidas dos conservadores- pero si pola súa rareza e implicacións.  


|

Chapela y el conselleiro de Lingua Josu00e9 Lu00f3pez
Chapela e o conselleiro de Lingua

 

Na historia recente de Galicia ninguén dimitira do máximo órgano de dirección do partido do goberno por desacordo coas políticas aplicadas polo propio partido. 


Ademais, a agre saída chega nun momento delicado para o PPdeG no sector no que se move Chapela, que tamén é poeta, o da cultura. Miles de galegos marcharon o domingo por Santiago en protesta contra a Política Lingüística da Xunta, indignados tras coñecer que os datos do IGE mostra que, por primeira vez, a lingua propia do país é minoritaria. Chapela acusou de incompetente ao conselleiro de Lingua, quen lidera na Xunta o intento de pacto coa oposición para revitalizar o galego.

 

 

As reaccións á dimisión non se fixeron esperar. Son, logicamente, moi contrapostas.

 

Fontes do PPdeG despachou a súa saída cunha brevísima alusión de dúas liñas: “Sorprendidos por que ata hoxe mesmo non manifestase ningunha discrepancia coa liña do PPdeG. Respectamos a súa saída”.
 

 

Algo máis extenso foi o directamente aludido por Chapela.  O propio conselleiro José López Campos  suxeriu que os motivos da renuncia poderían estar relacionados con valoracións  persoais  alleas á cuestión lingüística.

 

"O motivo real da súa dimisión non é unha cuestión da súa posición no ámbito lingüístico"

 

“Supoño que terá outro tipo de valoracións que eu non podo entrar a valorar, seguramente se poidan ver nos próximos días pero estou convencido de que pola súa actitude, pola súa implicación durante estes últimos meses, o motivo real da súa dimisión non é unha cuestión da súa posición no ámbito lingüístico”, argumenta o ex-alcalde da Estrada. 

 

Hai que ter en conta que Chapela tamén mostrou malestar co partido a nivel local, por unha cuestión urbanística en Bueu. En todo caso, a relación entre Chapela e  López Campos parece que non era moi boa xa hai tempo. Nas redes sociais, o dimisionario foi publicando estes meses fotos de numerosos eventos cos resposables de Cultura e Política Lingüística, pero non co conselleiro de Lingua.
 

 

O mandatario argumenta, ademais, que a política lingüística do PPdeG non variou. No que se pode interpretar como una puya ao dimisionario, López Campos sinala que é a mesma que hai dous anos e media, cando o edil de Bueu afiliouse aos conservadores.

 

No seu comunicado, Chapela destacou o seu descontento coa falta de liderado na xestión cultural e lingüística do conselleiro López Campos. Aínda que o partido insiste na continuidade da súa política lingüística, as críticas da súa até agora coordinador de Cultura abren interrogantes sobre a cohesión interna da formación nun tema clave para Galicia.

 

 


Os socialistas falan de división dentro dos conservadores

Dúbidas nas que, logicamente, profunda a oposición. A deputada socialista Silvia Longueira, portavoz de Cultura e Lingua no Parlamento autonómico, valorou a renuncia como un reflexo da "relación tóxica" do PPdeG co idioma galego e da "falta de rumbo" na súa política lingüística.

 

Longueira sinalou que esta renuncia pon de manifesto a división interna no PP sobre esta cuestión: "É unha mostra dos moitos concelleiros e alcaldes populares que non apoian as políticas lingüísticas executadas pola Xunta nos últimos 15 anos", afirmou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE