Garantida a mobilidade nos 2.500 km de estradas do Estado en Galicia durante este inverno

O delegado do Goberno en Galicia puxo en valor o esforzo do Ministerio de Transportes nesta campaña, que impulsa a seguridade nas estradas con máis de 450 profesionais, 103 máquinas quitaneves, 20.000 toneladas de sal e 3.236.000 litros de salmuera


|

Delegado gobierno
Delegado goberno

 

 

 

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, presidiu a firma do Protocolo polo que se activa o Plan Invernal na Rede de Estradas do Estado en Galicia para a campaña 2024- 2025, un acto no que aproveitou para destacar o esforzo do Goberno por "garantir" a mobilidade durante o inverno nos máis de 2.500 quilómetros de vías de titularidade estatal na Comunidade.

Pedro Blanco puxo en valor o esforzo do Ministerio de Transportes nesta campaña, que impulsa a seguridade nas estradas da súa titularidade da rede viaria galega con máis de 450 profesionais, 103 máquinas quitaneves, 20.000 toneladas de sal e 3.236.000 litros de salmuera. A cantidade de sal e de salmuera corresponden ás provisións iniciais e reporanse a medida que discorra a campaña invernal.

"Estamos a pór todos os medios dispoñibles para asegurar que as estradas estatais en Galicia estean preparadas ante as condicións meteorolóxicas máis adversas", incidiu o delegado, que agradeceu a todos estes profesionais "o seu esforzo e implicación" en prol de todos os galegos e galegas.

Tal e como se recolle nun comunicado, fixo fincapé na coordinación e planificación necesarias para alcanzar con eficacia a meta principal deste plan: "A máxima seguridade e confianza para quen se desprace por Galicia nos próximos meses".

O obxecto do protocolo é establecer a organización e os procedementos de actuación dos servizos, medios e recursos da Administración Xeral do Estado dispoñibles no ámbito de Galicia e que, ante a predición de precipitacións en forma de neve ou outras situacións climáticas extremas, resulte necesario mobilizar para asegurar a correcta circulación na Rede de Estradas do Estado, reducindo en todo o posible o número de tramos con restricións ao tráfico e evitando as retencións de vehículos ou, no seu caso, minimizando a súa duración ante fenómenos climatolóxicos adversos.

O ámbito de actuación deste protocolo abarca o 2.500 quilómetros que compoñen a Rede de Estradas do Estado en Galicia sumando autoestradas (#AP-9 e AP-53), autovías e estradas convencionais. O documento especifica os procedementos de actuación e coordinación que se porán en marcha diante dunha predición meteorolóxica adversa e durante o seu desenvolvemento, coa definición dos mecanismos particulares de cada fase da mesma: alerta, preemergencia e emerxencia.

Tamén se especifican os mecanismos de información, coordinación e cooperación cos órganos e autoridades da Xunta de Galicia e das distintas administracións locais. O persoal dedicado componse de 252 condutores especializados en quitaneves, 87 encargados e técnicos, e co apoio de 123 operarios máis, que manexan este tipo de maquinaria.

Ademais, o Plan determina os tramos de estradas que poden resultar máis conflitivos en caso de nevadas, os Postos de Mando Avanzados que se establecerán; as zonas para estacionamento de vehículos pesados e lixeiros, en casos de peche ou restricións de tráfico, e os Centros de Conservación e Explotación onde se sitúan as máquinas quitaneves e outros equipamentos.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE