"Todos os que teñen responsabilidades públicas temos que explicar como as exercemos", di Rueda sobre Mazón
O presidente galego asegura non coñecer a "ningunha persoa concreta" no PP que pida a dimisión de Mazón, pero tampouco o defende de maneira férrea.
O presidente da Xunta , Alfonso Rueda, cre que "tempo haberá" máis adiante para asumir responsabilidades pola xestión da DANA no Levante, pero apuntou tanto á Generalitat valenciana como ao Goberno central.
"Non pode ser que uns si e outro non. Todos", recalcou o mandatario galego, na comparecencia posterior á reunión semanal do seu Goberno, celebrada en Noia (A Coruña).
Interpelado sobre as voces no seu partido que en privado, nos últimos días, empezaron a falar dunha posible dimisión do presidente valenciano, Carlos Mazón, Alfonso Rueda respondeu que "non" coñece a "ningunha persoa concreta" que estea a reclamar a súa marcha.
De feito lembrou que o pasado venres o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, dirixiu unha reunión telemática de 'baróns' territoriais populares centrada na DANA e alí falouse de" como podían axudar" as diferentes autonomías nesta traxedia con máis de 200 mortos.
No caso de Galicia, o seu presidente confirmou que durante o fin de semana a Generalitat reclamou vehículos para "desatascar rede de sumidoiros" e que a Xunta se puxo en contacto con empresas galegas para enviar vehículos que apoien nestes labores.
"Diso é do que estamos a falar agora mesmo", engadiu Rueda, quen tamén cre que "tempo haberá" para tomar decisións políticas: "Todos os que teñen responsabilidades públicas temos que explicar como as exercemos, en que circunstancias e como foi todo".
Neste sentido, o presidente da Xunta insistiu en que "non pode ser que uns si e outro non". "O que non vale é derivar responsabilidades cara a un lado e outros pensar que non ten ningunha, porque as tiñan e clarísimas: Goberno autonómico e central", recalcou.
"O XOGO DO GOBERNO CENTRAL"
Así mesmo, Rueda ve cada vez "máis claro", "cando pasan os días", o "xogo do Goberno central e dalgúns partidos" de" apartar da xestión para conseguir a finalidade política de acabar tombando ao goberno da Generalitat Valenciana que, con acertos e con erros, desde un principio tentando xestionar toda a catástrofe e sobre todo as careas de reconstrución".
"Gustaríame que todos estivesen nese plan", engadiu, para logo asegurar que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tiña que "#haber implicado moitísimo máis" e declarar a situación de emegencia nacional.
Ademais, "esta semana (Sánchez) volve a non dar contas no Congreso" e "nin sequera vai estar en España", apostilou Rueda.
Escribe o teu comentario