O futuro de La Voz de Galicia: Fundación Fernández Latorre, Vocento e outras opcións

Entre o persoal do grupo de La Voz de Galicia hai nerviosismo porque carecen de información oficial sobre o futuro da empresa tras a morte do dono, Santiago Rey Fernández-Latorre. Así llo indicaron fontes sindicais da compañía consultadas onte por Galiciapress.


|

Archivo - Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente y editor de 'La Voz de Galicia'.
Arquivo - Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente e editor de 'La Voz de Galicia'.


Un dos motivos que explican esta ausencia de información oficial é o recente do falecemento, mañá cúmprese unha semana. Segundo marca a Lei, ata que non pasen 15 días desde a morte non se pode pedir o certificado de defunción, que é imprescindible para iniciar o proceso de herdanza e, obtido o certificado de últimas vontades, permite aos herdeiros obter unha copia autorizada do testamento ante o notario correspondente. 

 

Hai que ter en conta, ademais, que está en marcha un proceso de eleccións sindicais, que se espera termine nos próximos meses. 

 

A cuestión de que pasará con La Voz de Galicia non é baladí, nin política nin economicamente. É o grupo de comunicación máis influente do país, tamén é un empleador notable, cuns 700 traballadores; uns 500, aproximadamente no xornal.

 

O que sucedeu na Voz non pasa en todas as empresas todos os días. Santiago Rey Fernández Latorre faleceu sendo administrador único de Corporación Voz de Galicia SL, propietario do 100% das accións e presidente da fundación que leva o seu nome e que podería ser a destinataria das accións. A hipótese que máis  barallan as diversas fontes do sector consultadas -organismos profesionais, traballadores, ex-traballadores, sindicalistas, etc.- é que o magnate legue as accións á súa Fundación nun intento de que a propiedade non se desvincule por completo nin da familia nin de Galicia.

 

Relgas de funcionamento do padroado

Falecido o presidente vitalicio, o padroado queda formado polo vicepresidente Roberto Blanco Valdés (o catedrático de dereito constitucional da USC que leva décadas sendo clave nas páxinas de opinión), o secretario Manuel Areán Lalín (profesor e abogadomuy próximo a Santiago Rey) e sete patróns entre os que están directivos do xornal como Lois Branco Penas (director xeral da Voz) ou Xosé Luís Vilela Conde (o director do diario ao que Santiago Rey incorporou ao padroado hai só uns meses).  A única muller do padroado é Salomé Fernández-San Julián Martínez, a segunda esposa de Santiago Rey. Os estatutos da Fundación establecen que o padroado é o competente para o alleamento de bens. 

 

Para a venda de bens inmobles, como son as accións, os estatutos esixen “dúas terceiras partes dos membros asistente sempre que, ademais, supoña a maioría absoluta do número de membros”. É dicir, case todos os membros dun padroado no que se rumorea poida haber incorporacións, fálase que quizais vinculadas á esfera do emporio coruñés Inditex, que estivo representado ao máximo nivel no velorio de Sabón; pola presidenta, Marta Ortega, a súa nai Flora Pérez e o CEO Óscar García Maceiras.

Marta Ortega dá o pésame á viúva de Santiago Rey Fernández-Latorre, Salomé Fernández-San Julián Martínez nunha imaxe de EP

 

Na noticia do falecemento, tanto a Fundación como o diario sinalaron que o editor  estivo acompañado nos seus últimos momentos pola súa esposa, Salomé Fernández-San Julián Martínez e o seu "equipo de colaboradores máis íntimos" . Isto permite ler, entre liñas, que se espera que Fernández-San Julián xogue un papel crave na nova etapa cos directivos da Voz como escudeiros. Con todo, isto é algo que ninguén, salvo o círculo máis próximo do empresario, pode asegurar ao 100%, dado que non se fixo público a súa vontade en vida. 
 

Que pasa cos dous fillos do primeiro matrimonio?

En todo caso, hai que lembrar que o Código Civil establece coñecer popularmente como “a lexítima”, que obriga a deixar, polo menos, unha cuarta parte da herdanza en propiedade aos fillos, salvo circunstancias excepcionais.  Ademais, outra cuarta parte debería ser, en réxime só de usufructo, para a viúva.
 

Así as cousas, unha cuarta parte do patrimonio de Santiago Rey debería ir parar -dividida en partes iguais- aos dous fillos do primeiro matrimonio, Emilio e Santiago Rey Berger. Iso salvo que pai e fillos asinen o que se coñece como pacto de apartación -co que se pode dar por satisfeita a lexítima á marxe do testamento-. Os rumores apuntan a que un dos fillos podería asinar ese acordo.

 

Hai que ter en conta que un dos fillos ten ampla experiencia no mundo da comunicación. Emilio Rey Berger estivo hai anos nos consellos de administración de Economía Dixital e Economía Dixital de Galicia. Ademais, de todos é sabido que dirixiu varios anos a empresa familiar ata que en 2001 houbo un enfrontamento paterno-filial que acabou con Santiago Rey Fernández Latorre recuperando as rendas do grupo sen sontarlas até o final dos seus días e con Emilio Rey lanzando unha carreira empresarial pola súa conta en sectores como o eólico, a comunicación ou o inmobiliario, sen compartir nunca máis negocios co seu pai. 

 

Tendo isto en conta, sería sorprendente que Emilio Rey Berger tome o mando do xornal que cofundara o seu tatarabuelo Juan Fernández Latorre alá por 1882. A Voz parece condenada a que suceda como con outras moitas empresas familiares galegas, que acaban lonxe dos mandos da familia ás poucas xeracións. De feito, dos xornais en papel do país, só dous, A Rexión e O Progreso mantéñense como parte de grupos familiares.

 

Novo intento de Vocento?

No caso de que Rei Berguer ou o seu irmán acaben cunha participación minoritaria no accionariado da Voz, será máis factible o desembarco dun grupo mediático estatal. Hai que ter en conta que en polo menos dúas ocasións publicouse o interese de Vocento, o grupo editor de Abc. De feito, en 2011 o diario herculino tivo que desmentir as informacións que apuntaban á venda do 20% do accionariado por 35 millóns de euros ao grupo de orixe vasca. 

 

Naquel momento, o xornal, como moitas outras empresas, pasaba por unha situación económica complicada, en parte polo estalido da burbulla do ladrillo. Desde entón, produciuse unha redución de persoal -que algúns sindicatos chegaron a tachar de ERE encuberto- e recortes de salarios que permitiron, entre outros factores, que a empresa goce dunha situación actual saneada. 
 

En aparencia,  A Voz encajería ben no conglomerado de Vocento, un dos líderes da prensa rexional, pero que carece de presenza no mercado galego; onde si ten moito peso un dos seus rivais directos, Prensa Ibérica, editora de Faro e da Opinión
 

Editorialmente, as liñas informativa da Voz non é moi afastada á da cabeceira estandarte de Vocento, ABC, polo que a integración non sería difícil e, de feito, podería ser vista como un mal menor pola elite política conservadora galega, principal valedora da Voz,  aínda que, loxicamente, na dirección do PPdeG prefírase que o control último do xornal non emigre a Madrid. 

 

Por último, hai que ter en conta que os medios de comunicación a miúdo non son precisamente máquinas de gañar diñeiro. A súa xestión esixe, ademais, unha atención constante e un desgaste persoal que non todos os empresarios están dispostos a asumir, sobre todo se non o levan no sangue, como era sen dúbida o caso de Santiago Rey Fernández Latorre. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE