O PSdeG esixe a Rueda unha comparecencia polo aumento do IPC en Galicia cun aumento do 3.1%
"Este desaxuste suxire un problema estrutural na economía galega que o Goberno autonómico, baixo a dirección do señor Rueda, nin identificou nin está interesado en resolver" di o socialista Abel Losada
O responsable de Economía da Executiva do PSdeG, Abel Losada, expresou este venres a súa preocupación ante os últimos datos do Índice de Prezos ao Consumo (#IPC) correspondentes ao mes de xullo, "que sitúan a Galicia cun aumento do 3,1%, superando por cuarto mes consecutivo a media española, que quedou nun 2,8 por cento".
"Desta forma, Galicia convértese no mes de xullo na comunidade autónoma co IPC máis alto", sinala Losada que esixe ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha "resposta urxente".
"Resulta especialmente difícil de entender, e moi grave en termos económicos, que Galicia estea a experimentar un incremento de prezos superior ao do conxunto de España cando a nosa demanda non está a crecer ao mesmo ritmo", recalca.
A socialista denuncia que "este desaxuste suxire un problema estrutural na economía galega que o Goberno autonómico, baixo a dirección do señor Rueda, nin identificou nin está interesado en resolver".
E é que para Abel Losada "a Xunta de Galicia móstrase inactiva e ausente, limitar a servir os intereses do Partido Popular a nivel estatal, mentres Galicia sofre as consecuencias desta falta de atención".
Escribe o teu comentario