Denuncian que o goberno local de Ourense quere facer "concurso de traslados" co proceso de estabilización laboral

Unha das cuestións que destaca o portavoz nacionalista é "a vontade" desde o grupo de goberno e a Alcaldía de "distinguir funcionariado de persoal laboral", unha distinción que os nacionalistas entenden que non ten cabida


|

Bng ourense
Bng ourense


 

O BNG denunciou unha "manobra articulada" desde o goberno local de Ourense para modificar as bases do proceso de estabilización, "que xa estaban aprobadas e que xa foran empregadas".

Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Luís Seara, sinala que "o que pretende o alcalde é distorsionar a realidade: por unha banda, modificar un proceso de estabilización que se está dando en todas as administracións, especialmente no que ten a ver en caso de empate, por outro, introducir a RPT cando nada ten que influír neste proceso".

Unha das cuestións que destaca o portavoz nacionalista é "a vontade" desde o grupo de goberno e a Alcaldía de "distinguir funcionariado de persoal laboral", unha distinción que os nacionalistas entenden que non ten cabida.

"Hai sentenzas do TSXG que se equipou e iguala o persoal laboral indefinido ao persoal funcionario", sinala o BNG que sostén que "a modificación das bases pretende, de modo directo, unha modificación encuberta dos criterios de desempate para acceder a un posto laboral xa ocupado por persoal de longa duración".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE