O PSdeG acusa á Xunta de "falta de atención" ao mantemento da muralla de Lugo

Así o asegura nun comunicado no que avanza que rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que reclama ao Goberno galego que lle preste ao monumento "a atención que precisa"


|

Lara mu00e9ndez
Lara mu00e9ndez


 

A deputada socialista lucense Lara Méndez denunciou hoxe a situación da muralla de Lugo "pola falta de tarefas de limpeza e mantemento, que competen á Xunta de Galicia ao tratar dun ben patrimonio mundial".

Así o asegura nun comunicado no que avanza que rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que reclama ao Goberno galego que lle preste ao monumento "a atención que precisa".

Méndez sinala que a Muralla é un dos principais motivos polos que a cidade de Lugo converteuse nun referente turístico nos últimos anos, pero sostén que o "estado lamentable no que se atopa a día de hoxe dá moi mala imaxe, tanto da cidade como de Galicia, porque se trata dun dos únicos catro bens galegos que contan co recoñecemento da Unesco".

"Demandamos da Xunta unha mellor planificación", explica a parlamentaria socialista, que, aínda que recoñece que Lugo conta cun turismo relativamente "desestacionalizado", engade que "non é de recibo que na época estival, coa maior afluencia de xente, atopemos a Muralla no estado no que a estamos vendo", indica, en alusión, entre outras cuestións, á vexetación.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE