O Parlamento de Galicia compra portátiles de 1.800 euros a todos os deputados

A cámara renova cada catro anos os equipos dos parlamentarios, alegando que están “obsoletos”, o que pode ser un risco de seguridade. O concurso deste ano tramitouse pola vía de urxencia e gañouno a compostelá Balidea.


|

El presidente del Parlamento preside una reuniu00f3n de la mesa de la Deputaciu00f3n Permanente
O presidente do Parlamento preside unha reuniu00f3n da mesa da Deputaciu00f3n Permanente


 

En concreto, o concurso resolto en febreiro fueapara a “subministración de 110 computadores portátiles e 80 impresoras para a XII Lexislatura no Parlamento de Galicia”.  Desas computadoras, 75 serán para os deputados (é dicir, un para cada un, porque hai 75 lexisladores), 23 para os traballadores e un 10% a maiores para substitucións. 


 

O Parlamento tramitou a adxudicación pola vía de urxencia, argumentando que o adianto electoral, confirmado en decembro, cambiou os plans para unha tramitación normal. O expediente foi un concurso aberto, aínda que restrinxido, porque non se publicaron as bases en ningún boletín para que se puidese presentar quen quixese.


 

A diferenza doutras administracións, que aproveitan a vía de urxencia para adxudicar a dedo, o Parlamento si sacou uns pregos de contratación e convidou a participar a máis dunha empresa do sector. Así, obtivo tres ofertas de tres coñecidas consultoras de tecnoloxías da información, unha multinacional, Econom, e dúas compostelás, Inforhouse e Balidea.

 

Gañou, aplicando criterios económicos e técnicos, a oferta de Balidea por 223.850 euros, que é practicamente o mesmo que o que estaba disposto a pagar, 228.900 euros.


Portátiles de gama alta, non de luxo

Os portátiles salguen nuns 1.800 euros, as impresoras en 322 euros. Son produtos de gama alta, pero non de luxo. Por exemplo, a memoria ram dos computadores é a típica actualmente dos portátiles de altas prestacións, 16 gb. 

 

Portátiles considerados de luxo, como os Mac Pro, andan por encima dos 3.000 euros. O prezo pago polo Parlamento de Galicia é similar ao que ten o modelo con máis prestacións da gama media de portátiles Mac, o MacBook Air. 


 

Son necesarios centos de portátiles novos cada catro anos?

Cada vez que empeza unha lexislatura, o Parlamento de Galicia lanza un procedemento similar. Así na anterior comprou 117 portátiles a uns 1.300 euros, na X lexislatura 75 portátiles por 1.161 euros e en IX 85 portátiles a uns 1.400 máis impresora.


Está xustificado comprar tantos portátiles para os deputados cada catro anos? Si, argumenta o Parlamento porque “a antiguidade dous equipos actualmente en uso, xa obsoletos, aconsella a súa renovación”, algo que en opinión da Cámara supón un risco para a seguridade dos sistemas informáticos do hemiciclo.

 

Hai que ter en conta que os ataques informáticos ás administracións disparáronse nos últimos anos, pasando de 400 a 1.400 entre 2022 e 2023 segundo informe desta semana de AMTEGA. O propio Parlamento de Galicia sufriu hai pouco un ciberataque orquestrado desde Rusia que tombou temporalmente a súa web.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE