Hai alguén prendendo lume ao Parque Natural de O Invernadoiro?
O espazo protexido rexistra continuos incendios desde hai varios meses. Hoxe hai outro, que xa queimou 25 hectáreas. Unha asociación ecoloxista advirte de numerosos focos provocados, tirando de imagenes de satélite.
O espazo protexido rexistra continuos incendios desde hai varios meses. Hoxe hai outro, que xa queimou 25 hectáreas. Unha asociación ecoloxista advirte de numerosos focos provocados, tirando de imaxes de satélite.
A asociación ecoloxista Arco Iris sospeita que o incendio que se iniciou este venres en O Invernadoiro, no parque natural situado na localidade ourensá de Vilariño de Conso, "pode ser provocado", e suxire que "unha man criminal está detrás da sistemática destrución deste espazo natural de enorme importancia".
A entidade asegura, nun comunicado, que a ausencia de tormentas os dous últimos días "exclúe calquera causa natural e apunta a unha clara intencionalidade" no incendio que aínda non foi controlado e que se produce case na mesma zona que os rexistrados en agosto.
Arco Iris asegura que o sistema de vixilancia por satélite informa da aparición de "ata doce focos detectados polo sistema VIIRS, integrado no programa EFFIS de Copérnico".
Arco Iris recorre ademais a este sistema, o VIIRS, para calcular o número de hectáreas afectadas, que sostén que son superiores ás que fai públicas a Xunta, que utiliza os datos de "MODIS". "A translación á cartografía demostra que a zona VIRRS é polo menos 5 veces superior á MODIS".
Por esta razón, Arco Iris insta tamén á Consellería do Medio Rural a ofrecer "datos verídicos, fiables e en tempo real, máis acordes cos recolleitos polas propias BRIF a pé de monte" e pide á Xunta que "non baixe a garda ata finais de outubro, xa que os montes albergan unha gran cantidade de combustible".
Escribe o teu comentario