O PSdeG critica que a Xunta "defende a Constitución pola mañá e incúmprea pola tarde" pola lei do litoral
A socialista lembra que o propio Consello de Estado é o que alerta de "inconstitucionalidade"
O PSdeG advirte de que os populares, á fronte da Xunta de Galicia, "non poden defender a Constitución pola mañá e incumprila pola tarde", en relación coa lei de litoral que foi recorrida polo Goberno Central.
O seu portavoz de pesca no Parlamento, Patricia Otero, insta o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a "volver á senda do diálogo" e aposta por unha "vía segura" para que Galicia obteña a transferencia da ordenación do litoral.
A socialista lembra que o propio Consello de Estado é o que alerta de "inconstitucionalidade" e esixe á Xunta que "respecte a legalidade e negocie co Goberno para reclamar as competencias de modo correcto".
"Teñen que sentar a dialogar e falar", sinala Otero, porque, ao seu xuízo, "hai unha vía segura para obter a transferencia de ordenación do litoral".
Escribe o teu comentario