Non houbo financiamento ilegal no PSOE, di a auditoría externa que si fala de gastos "irregulares" a Ábalos
A auditoría externa encargada polo PSOE a raíz do estalido do 'Caso Koldo' e as investigacións contra José Luís Ábalos e Santos Cerdán xa arroxou as súas primeiras conclusións, remarcando, en primeiro lugar, que non hai indicios de financiamento ilegal no Partido Socialista. No entanto, si sinala algúns pagos sospeitosos sobre os que puxeron a lupa.
O que si detectou esta análise son varios gastos excesivos e "rechamantes" na etapa de José Luís Ábalos á fronte da Secretaría de Organización do partido.
Así, os auditores ven unha serie de irregularidades relacionadas principalmente con gastos de representación e facturas que superan os límites razoables.
Escribe o teu comentario