Daniel, o Policía Nacional galego fóra de servizo que salvou a vida dunha muller en Benetússer durante a DANA
O axente saíu ao auxilio da muller cando era arrastrada pola corrente na localidade valenciana, unha das máis afectadas pola pinga fría.
Un Policía Nacional galego, destinado en Valencia, rescatou a unha muller que era arrastrada pola corrente en Benetússer, un dos puntos máis afectados pola DANA.
Segundo informou o corpo policial, Daniel é subinspector e atopábase fóra de servizo cando agarrou da man a unha muller, que era arrastra pola riada, e conseguiu mantela á boia.
Minutos antes, o mesmo axente puido salvar a outra muller grazas a unha corda que fixo con sabas.
Escribe o teu comentario