A Xunta solidarízase con Valencia e Castela-A Mancha e ofrece axuda tras o impacto da catastrófica DANA
Alfonso Rueda pon a disoposición dos seus homólogos valenciano e castellanomanchego os recursos dos que dispón o Goberno de Galicia tras as inundacións e desfeitas que provocou o temporal.
O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, ofreceu aos presidentes da Comunidade Valenciana, Carlos Mazón, e de Castela A Mancha, Emiliano García Page, "toda a axuda" de Galicia para facer fronte ás consecuencias da DANA.
Nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social 'X', o presidente da Xunta informou de que se puxo en contacto con ambos os mandatarios para "ofrecer toda a axuda que necesiten". "Galicia está á súa completa disposición", sinala o mandatario galego.
Ademais, Alfonso Rueda traslada o seu apoio aos servizos de emerxencia que, segundo indicou, "están a facer un enorme labor".
Rueda trasladou o apoio da Administración galega para facer fronte ao fenómeno meteorolóxico que deixa decenas de falecidos e que afectou especialmente á Comunidade Valenciana.
Escribe o teu comentario