Iñigo Errejón sorprende á política nacional deixando o seu escano e abandonando a primeira liña
O até agora portavoz de Sumar, un dos fundadores de Podemos e impulsor da forza Máis Madrid tras a súa ruptura con Pablo Iglesias, anunciou por sorpresa a súa decisión de abandonar a política. A noticia chega nun momento de fricción no Goberno de coalición por asuntos como a política de vivenda, onde as posturas están enfrontadas.
Nunha carta publicada en Twitter, Errejón asegura que sopesou a decisión, pero que esta responde a unha "necesidade" polo esgotamento que arrastra tras moitos anos na política.
“Cheguei ao límite da contradición entre o personaxe e a persoa”, asegura. Isto deixa un profundo oco na formación que lidera Yolanda Díaz, necesitada de caras reconocibles como a de Errejón.
Escribe o teu comentario