O PP gañaría as eleccións segundo unha enquisa de Sondaxe
Quedaría no entanto ás portas da maioría absoluta se pactase con Vox, pois entre as forzas de dereitas suman un 46,5% dos votos
Segundo a última enquisa publicada por Sondaxe, o PP gañaría as eleccións xerais, co 32,6% dos votos, case 6 puntos máis que os socialistas, que quedarían como segunda forza máis votada. O terceiro posto sería, segundo a enquisa, para Vox, a tan só 0,5 puntos de Sumar, cun 13,9% e un 13,4% dos votos respectivamente.
Cunha composición así, o #PP de Feijóo podería estar preto de gobernar nun pacto con Vox , mentres que as forzas de esquerdas estarían máis lonxe da maioría absoluta: un 46,5% de votos para as forzas de dereitas fronte a un 40% para as de esquerdas.
O auxe de votos do #PP débese en parte, segundo indica a enquisa, a un transvasamento de votos de Vox aos populares (un 16% dos que afirman votar a Vox en 2019 aseguran que farán depositarán a papeleta do PP). Tamén hai que sumarlle os votos daqueles votantes de Cidadáns en 2019: un 48,9% pasarán a votar ao PP, mentres que un 13,3% pasará a votar a Vox . Isto, sumado con 82% de votos populares que se repetirán —o partido que máis votantes retén—, dan ao #PP estes resultados tan vitoriosos.
REPRESENTACIÓN NACIONALISTA
Nas últimas eleccións de 2019, o Bloque Nacionalista Galego sacaba un escano no Congreso pola circunscrición da Coruña. Segundo indica esta última enquisa, o #BNG podería duplicar os votos nestes próximos comicios, chegando a un 0,9% dos votos nacionais, fronte aos 0,5% do pasado 2019.
VALORACIÓN DOS LÍDERES
Feijóo parece ser o preferido polos españois como candidato á presidencia, concretamente por un 22,1% dos enquisados. Tan só dous puntos por encima do líder socialista, Pedro Sánchez, que alcanzou un 20% de preferencia entre os enquisados.
Doutra banda, os outros dous grandes líderes obtiveron un 13,9%, no caso de Yolanda Díaz, e un 8,6% no caso de Santiago Abascal.
Escribe o teu comentario