Laura Borràs, presidenta de JxCat, condenada a catro anos e medio de prisión
A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) condena á política catalá cunha pena de catro anos e medio, ademais de 13 de inhabilitación. Borràs foi xulgada por fraccionar contratos para djudicarlos a dedo a un amigo, Isaías H., cando dirixía a Instució de lles Lletres Cataláns (ILC).
A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) condena á política catalá cunha pena de catro anos e medio, ademais de 13 de inhabilitación.
Borràs foi xulgada por fraccionar contratos para adxudicalos a dedo a un amigo, Isaías H., cando dirixía a Institució de lles Lletres Cataláns (ILC).

Ao tempo, ademais da pena de prisión, Borràs deberá asumir unha multa de 36.080 euros. No entanto, o tribunal propón, á súa vez, un indulto parcial, polo que é posible que a expresidenta do Parlament non acabe pisando o cárcere.
Pola súa banda, o beneficiario dos contratos, que confesou os feitos no xuízo, quedou absolto de prevaricación e condenado por falsidade documental a dous anos de cárcere, entre outras sancións.
Escribe o teu comentario