Xa son 700 hectáreas queimadas no incendio de Chandrexa mentres o de Monteseiro estabilizouse

Doutra banda, desde as 13.18 horas permanece activo en Begonte, parroquia de Baamonde, un incendio do que aínda non hai estimación das súas dimensións


|

Bomberos preparan el helicóptero para extinguir el incendio, a 2 de agosto de 2025, en Vilardevós, Ourense, Galicia (España).
 

O lume de Chandrexa de Queixa, activo na parroquia de Requeixo desde as 15.51 horas da tarde do venres, continúa avanzando sen control e xa calcina 700 hectáreas, segundo as últimas estimacións ofrecidas pola Consellería do Medio Rural. Por outra banda, o incendio que queima 120 hectáreas na parroquia de Monteseiro, en Fonsagrada, estabilizouse na mañá do sábado.

Fontes da Xunta trasladan que, en principio, no lume de Chandrexa non existe ningún risco para vivendas próximas, xa que se trata dunha zona de serra.

Para a súa extinción mobilizáronse, até o momento, oito técnicos, 22 axentes, 32 brigadas, 18 motobombas, sete pas, dúas unidades técnicas de apoio, nove helicópteros e oito avións.

Até agora, o incendio forestal máis grande do ano fora o de Vilardevós tras arrasar 587 hectáreas desde que se declarou o pasado fin de semana, 1 de agosto, até a súa extinción este venres ás 12.24 horas.

Doutra banda, desde as 13.18 horas permanece activo en Begonte, parroquia de Baamonde, un incendio do que aínda non hai estimación da súa dimensión.

Nas últimas horas, extinguíronse varios lumes: en Vilalba, parroquia de Lanzós, de 3 hectáreas; un conato en Pontevedra, parroquia de Verducido, de 0,13 hectáreas, e outro en Parada de Sil, lugar de Leiravella, de 0,06 hectáreas. Ademais, en Sarreaus está controlado un de 0,93 hectáreas.

ESTABILIZADO INCENDIO EN MONTESEIRO, FONSAGRADA
Ademais, desde as 12.45 horas do sábado está estabilizado o incendio forestal da parroquia de Monteseiro, no municipio lucense de Fonsagrada, que se iniciou ás 15.30 horas do martes e que, segundo as últimas estimacións, afecto ao redor de 120 hectáreas. Interviñeron seis técnicos, 48 axentes, 65 brigadas, 69 motobombas, tres pas, sete helicópteros e oito avións.

Nesta localidade, esta semana produciuse outro incendio, na parroquia de Cereixido, orixinado o mércores ás 13.07 horas e extinguido ás 19.20 do venres. Tivo unha dimensión final de 30 hectáreas, 25 de arboledo e cinco restantes de monte raso.

Así mesmo, están controlados os incendios de: Camariñas, parroquia de Xaviña (50 hectáreas); Ponteceso, e parroquia de Corme Aldea (60 hectáreas); Ponteceso, parroquia de Brantuas (200 hectáreas).

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE