Morre unha muller tras un atropelo no concello ourensán de Porqueira
O suceso tivo lugar ao redor das 11.40 horas, e foi o persoal de Emerxencias Sanitarias Galicia-061
Unha muller faleceu este sábado tras sufrir un atropelo no concello ourensán de Porqueira.
Segundo informa o 112 Galicia, o suceso tivo lugar ao redor das 11.40 horas, e foi o persoal de Emerxencias Sanitarias Galicia-061 quen alertou de que unha muller de idade avanzada acababa de ser atropelada na zona de Toxal, en Sabucedo.
Nese momento, xa se comunicou a saída do helicóptero sanitario con base en Ourense e a Central de Emerxencias alertou á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Muíños e aos voluntarios de Protección Civil de Porqueira.
Escribe o teu comentario