Seguimento do 90% na folga de Ourense: "Seguiremos ata que Jácome ceda, isto acaba de empezar"

O sindicato Comisións Obreiras achega cifras sobre o seguimento na segunda xornada de folga dos traballadores do Concello de Ourense, onde se aveciñan máis días coa administración local paralizada. 


|

Gbi0dKtWMAATntP
Foto: CSIF

 

O Concello de Ourense estivo practicamente paralizado este luns e non será, como parece, a última vez que se atope así. Os cemiterios funcionaron ben durante a ponte de novembro, a pesar dos temores do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que se enfronta a unha longa batalla co persoal do Concello, convocado polos sindicatos #CSIF, CC.OO., S.P.P.M.E., #UXT e #CIG para unhas xornadas de folga que, até agora, evidenciaron a unidade do persoal, en pé de guerra contra o rexedor.

 

 

"NON NOS PARA NINGUÉN"

O sindicato Comisións Obreiras cifrou, na noite do luns, un seguimento do 90% na segunda xornada de folga, "un 10% máis" que nos paros do pasado 31 de outubro. Nese sentido, consideran que a movilizacion foi "masiva para todos os efectos". 

 

 

De igual maneira, e como ocorreu o pasado xoves, a folga non impediu o desenvolvemento dos servizos mínimos, o cales "se respectaron sen ningún problema". Á vista destas cifras, desde Comisións consideran que "a resposta dos traballadores é total", o que non fai máis que reforzar a súa postura de face a que Jácome "debe negociar canto antes ou, pola contra, se econtrará unha administración baixo mínimos e que prexudicará á cidadanía". 

 

No horizonte máis inmediato están as xornadas de paro convocadas e sobre as que, de momento, non hai cambios á vista da falta de negociación entre as partes. "Seguiremos paralizando o Concello ata que o alcalde ceda e negociemos todos os temas que prexudican aos traballadores", amplía o sindicato, con mención á falta de pagamentos, a promoción interna, as horas extas ou o plan de estabilización. "Isto acaba de empezar, non nos para ninguén", conclúen desde Comisións Obreiras.

 

UNHA "ANOMALÍA" PARA RUEDA

Neste contexto, Galiciapress preguntou onte ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pola situación que se está vivindo na terceira cidade máis grande de Galicia e sobre a posibilidade de que se impulse unha nova e hipotética moción de censura para derrocar a Jácome, algo para o que sería preciso o entendemento de PP, PSOE e BNG, que até a data non foi posible.

 

 

"Se se debe producir un cambio de goberno en Ourense pola folga? O cambio que se produza ou non, desde o meu punto de vista e na miña opinión como presidente da Xunta, debe ser independente a si hai ou non folga", manifestou o mandatario.

 

No entanto, Rueda apuntou que "os Gobernos municipais deben funionar ben e si prodúcese unha anomalía debería correjirse dunha forma ou outra", o que deixa aberta a opción de que desde os populares poidan adoptar medidas para "correjir" esa "anomalía". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE