Circet, que leva redes do SERGAS e emerxencias, lanza un ERE con máis de 100 despedimentos en Galicia
A Confederación Intersindical Galega (#CIG) expresou o seu rexeitamento ao Expediente de Regulación de Emprego (ERE) anunciado por Circet Infraestruturas de Telecomunicacións, empresa contratista de Movistar-Telefónica en Galicia. A multinacional francesa aos representantes sindicais da súa intención de executar un despedimento colectivo que afectará a 377 traballadores en todo o país, 118 deles en Galicia, o que representa máis do 30% do persoal dos centros galegos.
Desde hai tres meses, xestiona o servizo de Movistar en Galicia, o que inclúe áreas como servizos de emerxencias, o Sergas e numerosas dependencias da Xunta. A CIG asegura que comprou contrátalas de soporte de Movistar, que inclúen atender estes clientes públicos.
Circet, é unha multinacional especializada na construción e mantemento de redes de telecomunicacións, opera en 14 países e di que emprega en España a preto de 2.500 persoas. A empresa, que en 2023 reportou vendas de 158 millóns de euros, dedícase a prover servizos “chave en man” que inclúen desde a planificación e deseño até a instalación e mantemento de redes.
O pasado mércores 30, celebrouse en Santiago unha reunión na que participaron delegados sindicais da CIG, quen abordaron as accións a emprender ante o anuncio da compañía. Manuel Simón, secretario de negociación colectiva da CIG, afirmou en declaracións a RNE que "Circet comprou o servizo de Movistar en Galicia hai tres meses e agora pretende despedir a un terzo do persoal, o cal non ten ningunha lóxica", comentou.
Desde a CIG insistiuse en que a empresa asumiu o seu rol plenamente informada do persoal en Galicia e da relevancia das súas funcións. Os representantes sindicais consideran esta medida “un ataque aos dereitos laborais”, e sinalan que podería estar orientado a substituír empregados estables por traballadores autónomos e pequenas empresas sen representación sindical.
Segundo a CIG, esta situación agravaría as condicións laborais no sector, “fomentando a explotación e recortando medidas de seguridade, o que xa derivou en múltiples accidentes graves”.
Escribe o teu comentario