Unha jauría de cans de caza ataca a un menor de idade e a súa chihuahua en Pereiro de Aguiar

Os feitos ocorreron o pasado domungo e o menor resultou ferido na man, mentres que o seu can foi ferido de gravidade e necesitou dunha operación que dondó os 1.500 euros. 


|

Pereiro de aguiar @g24noticias
Pereiro de Aguiar | Foto: @g24noticias

 

Un menor de idade foi atacado o pasado domingo por unha juaría de cans de caza cando paseaba por unha urbanización do concello ourensán de Pereiro de Aguiar.

A nai presentou denunciado e a Garda Civil ha aberto investigación para esclarecer os feitos ocorridos na mañá do 29 de setembro, cando o menor, de 16 anos, saíu a dar un paseo xunto ao seu can, un chihuahua.

Segundo o relato solicitado por Europa Press, o adolescente decidiu quedar nun parque preto da urbanización de Tapada de Bouzas porque sabía que había batida de caza nos montes próximos.

Con todo, el e a súa cadela foron atacados polos cans dos cazadores, que chegaron correndo e dirixíronse cara a eles.

O menor quixo levantar ao seu can para evitar o ataque, pero non foi capaz. Recibiu dentadas nunha man e a súa mascota sofre un neumotórax e a rotura de varias costelas.

O animal foi atendido na clínica veterinaria e o menor trasladado ao centro médico Cosaga para que se lle realizasen as curas.

A nai da vítima presentou este martes unha denuncia no cuartel da Garda Civil de Esgos e os axentes iniciaron a investigación.

A Garda Civil confirma que os cans foron identificados. A investigación está aberta e os propietarios dos canes poderían ser imputados por un delito de lesións por imprudencia.

O pasado mes de xaneiro, outra jauría de cans acabou coa vida dunha egua nunha leira próxima. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE