(VÍDEOS) Dan por controlado o incendio da Gudiña tras arrasar 200 hectáreas e co ollo posto en Portugal

Nas últimas datas foron xa varios os lumes que entraron na comunidade desde o outro lado da fronteira.


|

Archivo - Un avión de extinción de incendios trabaja en la extinción del incendio iniciado en Boiro, a 6 de agosto de 2022, en Boiro, A Coruña (Galicia). La Consellería do Medio Rural ha informado de que la superficie calcinada en el incendio declarado el
Foto: EP

 

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio da parroquia de Pentes, no municipio da Gudiña (Ourense), foi controlado na mañá deste mércores despois de arrasar 200 hectáreas.

Na última actualización de incendios, Medio Rural explica que quedou controlado ás 10,40 horas. O lume iniciouse ás 13,18 horas do pasado luns. Mobilizáronse medios como 10 helicópteros, oito avións e 12 motobombas, entre outros, ademais de medios portugueses.
 


Por outra banda, está estabilizado desde as 13,00 horas deste mércores o lume declarado no mesmo municipio da Gudiña, parroquia de Barxa, despois de calcinar 90 hectáreas. Iniciouse na medianoite entre o luns e o martes. Participan medios como oito helicótperos, oitos avións e 22 brigada, entre outros.
 


Mentres, continúa activo o incendio do municipio de Chandrexa de Queixa (Ourense), parroquia de Requeixo, que se iniciou pasadas as 20,00 horas do martes. Queima máis de 20 hectáreas.

Así mesmo, está estabilizado o incendio do municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Aguasantas, que afecta a unha superficie de 20 hectáreas. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE