Un veciño de Amoeiro que apedreou a outro hai semanas, detido por quebrantar a orde de afastamento
Segundo explican, o veciño de 51 anos de Monte Asnal achegouse ao conveciño de 71 anos respecto do que tiña unha orde de afastamento en vigor desde a agresión do xoves
A Garda Civil de Tamallancos detivo por suposto quebrantamento de orde de afastamento ao veciño de Amoeiro que este xoves foi detido por apedrear a outro home semanas atrás.
Segundo explican, o veciño de 51 anos de Monte Asnal achegouse ao conveciño de 71 anos respecto do que tiña unha orde de afastamento en vigor desde a agresión do xoves.
A vítima explicou que foi agredido o pasado 18 de agosto por parte do denunciado e que foi cunha pedra no peito, que lle causou a rotura da clavícula esquerda e varias contusións no corpo polo que estivo dous días hospitalizado.
Escribe o teu comentario