Veciños de Ourense estarán tres meses sen pisar as súas casas polo muro colapsado no Colexio Cardeal Cisneros

Os labores para a reconstrución do muro xa comezaron, pero se prolongarán durante os próximos meses e até verán.


|

El cuerpo de Bombero trabaja tras el derrumbe de un muro en el colegio Cardenal Cisneros, a 1 de marzo de 2023, en Ourense, Galicia (España). Un muro del colegio Cardenal Cisneros, en Ourense, se ha
O corpo de Bombeiros traballa tras o derrube dun muro no colexio Cardeal Cisneros en Ourense, Galicia (España) 

 

Un gran estrondo sorprendeu o pasado 1 de marzo aos veciños da rúa Emilia Pardo Bazán de Ourense. Un muro nas inmediacións do Colexio Cardeal Cisneros colapsara. O susto obrigou a desaloxar a todos os alumnos do centro, ademais da algún veciño. Foi a rotura dunha tubaxe a que provocou o embalsamiento de auga no patio do centro, que días despois puido reiniciar as clases. O cruzamento de reproches entre o Concello de Ourense e a Xunta sucedeuse nas xornadas seguintes, nas que se drenó a auga embalsada no colexio, pero quedou pendentes saber que facer tras os sucedido.

 

 

 

Os afectados son os veciños desaloxados da zona pola que percorría o muro, de grandes dimensións, e da que se esborrallaron uns 15 metros da infraestrutura. O muro de contención caeu sobre o patio escolar e, aínda que afortunadamente non houbo que lamentar feridos, deixou moi tocada a estrutura do inmoble. 

 

Un topógrafo inspeccióno o terreo esta mañá para a construción do novo muro e as primeiras informacións indican que os veciños desaloxados tardarán polo menos tres meses até poder volver aos seus domicilios. Isto quere dicir que non será até verán que poidan regresar á normalidade. 

 

O patio do Colexio Cardeal Cisneros tamén viu reducidas as súas dimensións despois do suceso, pero a peor parte leváronlla os veciños, que non teñen data para volver ás súas casas. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE