Continúa activo un incendio en Ribadavia, na provincia de Ourense, que xa alcanzou 20 hectáreas
O lume que afectou o luns a Ourol (Lugo) quedou extinguido pasadas as 22,30 horas despois de queimar 6,4 hectáreas
A Consellería do Medio Rural rexistrou o incendio nas noite do luns, ás 22:11 horas.
Brigadas seguen traballando para extinguilo, pero o lume segue activo e invadiu un total de 20 hectáreas ata o momento.
Por outra banda, o lume que afectou o luns a Ourol (Lugo) quedou extinguido pasadas as 22:30 horas despois de queimar 6,4 hectáreas.
O incendio forestal permanece activo desde a noite do luns no municipio ourensán de Ribadavia, onde arderon xa unhas 20 hectáreas.
O lume, segundo informou á primeira hora deste martes a Consellería do Medio Rural, iniciouse ás 22,11 horas do luns na parroquia de Ribadavia e aínda permanece activo.
As primeiras estimacións cifran en 20 as hectáreas afectadas polas chamas. Nas tarefas de control participan catro axentes, 15 brigadas, once motobombas e unha pa.
Por outra banda, o incendio declarado durante o luns na parroquia de Ambosores do municipio lugués de Ourol quedou extinguido ás 22,35 horas.
A superficie afectada polas chamas é de 6,4 hectáreas, segundo as últimas estimacións realizadas sobre un incendio declarado ás 13,37 horas "en tres focos diferentes".
Escribe o teu comentario