Chegará o sangue ao río? Seguramente non, pero si terá consecuencias nas urnas, onde a perda de votos dos socialistas vaise a notar
Mentres en Barcelona tiña lugar a inauguración do MWC, o acontecemento mundial da telefonía, as novas tecnoloxías e especialmente nesta edición enfocada á intelixencia artificial, o caso Koldo seguía sendo noticia non só na capital do Estado, senón en todo o territorio. Cada día van saíndo novos datos da operación na que están implicados “presuntamente” o home orquestra do exministro José Luís Ábalos, Koldo García - persoa de confianza do exministro-e 20 persoas máis que, exercendo o poder que lle daba o seu “cargo”, enriquecéronse presuntamente grazas ás máscaras compradas a determinadas empresas. Por elas cobraron comisións importantes durante a pandemia e aproveitáronse da necesidade de conseguir este material tan necesario, enchéronse supostamente os petos e algo máis . Unha actitude que deixa ben definidos a estes personaxes sen escrúpulos que se lucran coa desgraza humana.
Todas as acusacións foron, desde que se coñecía a información, dirixidas á cabeza de José Luís Ábalos quen, a pesar de non estar imputado, saía defender explicando que descoñecía o que estaba a suceder. Engadía que de momento non pensaba dimitir e enviaba algúns recados ao inquilino da Moncloa e a máis dun da rúa Ferraz. Un desafío? Pasadas as horas, reuníase a Executiva Federal do PSOE, sen a presenza de Pedro Sánchez por tema de axenda oficial e pedía ao seu aínda compañeiro de partido e de congreso que deixase o seu escano, dándolle un prazo de 24 horas. Os membros da executiva consideraron que o exministro ten responsabilidade política nos feitos.
Varías horas despois, Ábalos renunciaba á presidencia da Comisión de Interior, pero non á súa acta de deputado. É un pulso ao PSOE? A Pedro Sánchez? Ou quizais a todos eles. O exministro xa o dixo nunha entrevista en televisión: non aumentei o meu patrimonio, teño uns fillos que sacar adiante. Si ao aínda deputado non lle dan unha saída “digna” coa que poida gañar a vida, estará disposto a continuar ou, como se di, a tirar da manta. Esa que en demasiadas ocasións tapa a corrupción dos comenenciudos da política.
A Ábalos non se lle esquece que Pedro Sánchez sacouno do Goberno, - polos seus escándalos? -. Tampouco que o 3 de abril do 2021 filtráronse informacións sobre el de festas, mulleres, un presunto vídeo e unha habitación esnaquizada nun Parador. Información que o desmentido publicamente. Naquela época o responsable de Paradores era Óscar López, actual xefe de gabinete do presidente Sánchez, ao que por certo non téñenlle ningunha simpatía.
O que se espera por parte dos socialistas é que Abalos presente voluntariamente a súa dimisión, antes de que o expulsen do partido. Se non o fai, pasaría ao grupo mixto, situación que sería un verdadeiro calvario. A clave da renuncia está en asegurar un posto de traballo ben remunerado. Non se irá á rúa cunha man diante e outra detrás.
Así que unha xornada de luns moi complicada para Sánchez e o propio partido, que está metido nun escándalo do que se aproveitan algúns adversarios. especialmente o PP. Chegará o sangue ao río? Seguramente non, pero si terá consecuencias nas urnas, onde a perda de votos dos socialistas vaise a notar aínda que o PSOE resolva rápido a situación do exministro.
Escribe o teu comentario