Jaime Chávarri, en 1983 dirixiu unha película extraordinaria co nome de “As bicicletas son para o verán”, baseada en libro do mesmo nome de Fernando Fernán Gómez. Máis dun lembraraa. Vénme á memoria este título para falar da decisión do Tribunal Constitucional, a Sección de Vacacións, que en pleno mes de agosto e aproveitando a gran ocasión de que os compoñentes da mesma de maioría conservadora rexeitan o recurso presentando por Puigdemont e Comín contra a orde de detención ditada polo Supremo.
A decisión tómana as súas “señorías” cunha urxencia tan rápida como incomprensible en pleno período vacacional. Só enténdese a présa en querer chafar as negociacións que están a ter lugar o PSOE cos distintos partidos para constituír a Mesa do Congreso, cuxa presidencia podria recaer nos socialistas. O partido de Puigdemont, Junts, ten moito que dicir e votar para que iso sexa así. Con esta nova e incomprensible decisión, o que conseguiron de momento as súas señorías é cabrear a Junts e montar a marimorena.
A decisión do TC saíu adiante con dous votos a favor -dos conservadores- e un particular da maxistrada progresista, que pon en dúbida a precipitación innecesaria coa que tomaron a decisión que segundo ela podía haber producido o mes de setembro. Unha decisión do TC que non ten precedentes até agora. A Fiscalía do TC xa anunciou que recorrerá a decisión para que sexa debatida no Pleno de garantías.
Como non había bastante co panorama político que se expuxo tras as eleccións do 23-J polos resultados que fan tan complicado a formación do novo goberno, as súas dúas señorías da Sala de Vacacións botan máis leña ao lume para ver quen salgue chamuscado coas chamas que acaban de saír. É que algunhas señorías, como se pode comprobar, non fan política, nin sequera teñen partido favoritos a quen apoiar en momentos determinados. Accións como estas son as que dan argumentos aos cidadáns para socavar máis a credibilidade nesta institución que tanto peso ten na vida das persoas e do país.
Isto non quere dicir que a Puigdemont, Comín e compañía, non se lles teña que aplicar as leis, faltaría máis, estamos de acordo en que iso sexa así. Outra cousa moi distinta é que se aproveite a primeira ocasión que se presenta para leala parda en pleno verán.
A política non debe ser practicada polas persoas que din impartir xustiza. A balanza é a representación do equilibrio que lles debe guiar, cousa que non ocorre, como é o caso do que estamos a falar. O verán tamén é boa época para que algúns a aproveiten para facer das súas. A condición humana é así…
Deberían volver ver a película “ As Bicicletas son para o verán”, non quedarán indiferentes. Relación co sucedido hoxe? Pois seguro que o atopan.
Escribe o teu comentario