O Mundial de Fútbol e o exemplo da selección de Irán

Carmen P. Flores

EuropaPress 4831490 24 november 2022 qatar al wakrah water sprinklers can be seen ahead of the
Estadio do Mundial de Qatar @ep

 

O Mundial de Fútbol que se está celebrando en Qatar está a ser tamén un escaparate de xestos solidarios dos xogadores dalgunhas seleccións que mostran o seu desacordo co país organizador, cuxa “democracia” e respecto aos dereitos humanos deixa moito que desexar. É coñecido que os petrodólares blanquean case todo, e si non que llo pregunten ao presidente da FIFA, Gianni Infantino, que non ten nin un pelo de parvo á hora sacar diñeiro, de aliar con quen mellor lle conveña e encima ten a cara de pedra pómez ao realizar unhas declaracións que o desautorizan para presidir a institución futboleira.  O presidente da #FIFA é algo máis que un estómago agradecido, e deféndese así mesmo coas palabras vertidas, sen importarlle a quen representan. Un personaxe así pode presidir a FIFA? É máis que probable que a Infantino queden tres telexornais pola súa irresponsabilidade e prepotencia. As cousas na FIFA cambiarán cando termine o Mundial máis controvertido da historia. 

 

A pesar das recomendacións, internas e externas da FIFA de manter “unha actitude” de non montar escándalos que molesten aos anfitrións, estas non foron escoitadas. A súa mensaxe deixaba ben ás claras ameazas moi directas. Hai quen aínda ten a ética como principio de actuación, e non se deixa influír por Infantino e os seus amigos que cobran bos soldos.

 

O primeiro exemplo e máis significativo foi o protagonizado polos futbolistas da selección de Irán, que tiveron a valentía e sensibilidade de non cantar o himno do seu país no partido que disputaron fronte a Inglaterra en sinal de protesta pola represión que se está vivindo estes días pola morte de Mahsa Amini. É unha forma exemplar de mostrar a súa solidariedade coas mulleres e todos as as persoas que, sen medo, saen ás rúas para protestar, a pesar dos máis de 500 mortos, 18.000 detidos e os condenados á morte.

 

A actitude da selección iraniana merece a admiración e o respecto de todos. Eles xóganse despois do Mundial algo máis que un partido: as súas vidas, as das súas familias e os seus bens. Precisamente este xoves, as forzas de seguridade iranianas detiveron ao futbolista Voria Ghafouri, acusado de difundir propaganda contra a república islámica. O xogador foi detido despois dunha sesión de adestramento co seu club, o Foolad Khuzestan, acusado de embazar “ a reputación da selección nacional e de difundir propaganda contra o Estado”. É a primeira consecuencia das protestas.

 

Hai que significar que sete equipos europeos que participan no campionato de Qatar manifestaron o seu desacordo coas condicións de vida dos traballadores estranxeiros nese país e contra a intolerancia cara ás persoas LGBT. Os países son: Países Baixos, apoiados por Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Gales, Inglaterra e Suíza. Os xogadores manifestarían o seu desacordo lucindo un brazalete que sería levado polo capitán de cada selección. É un brazalete cun corazón a raias coas cores do arcoíris e coas palabras One Love, que sería un símbolo do rexeitamento á homofobia e ao racismo e en favor dos dereitos humanos.

 

Esta decisión enfureció e de que maneira á FIFA, que lles advertiu que, se os capitáns levaban ese brazalete ONE LOVE, recibirían un cartón amarelo nada máis pisar o céspede. Así que renunciaron a esa acción, No entanto, buscaron outras fórmulas, e atopáronas: os xogadores ingleses se arrodillaron antes do comezo do partido como símbolo de rexeitamento á FIFA e ás autoridades cataríes e a favor dos dereitos humanos nese país.

 

A Selección de Dinamarca anunciou que non descarta abandonar a FIFA, en sinal de protesta pola actitude do máximo organismo do fútbol mundial de non permitir lucir ás seleccións en Qatar o brazalete ‘One Love’ en apoio ao colectivo LGTBQ+.

 

O seleccionado nacional estadounidense decidiu, como mostra de apoio á comunidade LGBT de Qatar, cambiar as cores do escudo que levan nas súas camisetas polas cores do arcoíris en lugar do seu escudo habitual.

 

O que está a suceder en Qatar coa actitude dalgunhas seleccións é como o chirimiri que parece que non molla pero que cando se dan conta, están empapados até os ósos. Iso é o que está a pasar no Mundial, independentemente do espectáculo deportivo que están a ofrecer os equipos. Os dirixentes da FIFA teñen ir facendo un pensamento: facer as maletas e marchar ás súas casas, porque despois deste Mundial, as cousas non volverán ser as mesmas.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE