Marchas do Retorno a favor do pobo palestino nas sete grandes cidades galegas
As "Marchas do Retorno" en Galicia conmemoran simbolicamente as masivas mobilizacións, autodenominadas así no seu momento, que tiveron lugar na Palestina entre 2018 e 2019 nas que se reclamaba o dereito de retorno
O vindeiro xoves 15 de maio, realizaranse as Marchas do Retorno, unha serie de mobilizacións nas sete cidades galegas convocadas no 77° aniversario do inicio da Nakba (“catástrofe” en galego), proceso de expulsión e exterminio do pobo palestino por parte do rexime colonial sionista.
As "Marchas do Retorno" na Galiza conmemoran simbolicamente as masivas mobilizacións, autodenominadas así no seu momento, que tiveron lugar na Palestina entre 2018 e 2019 nas que se reclamaba o dereito de retorno. Empregando as chaves como símbolo da esperanza do pobo palestino de retornar aos seus fogares, as cidades sete galegas reivindican esta acción solidaria.
A Rede Galega pola Palestina, apoiadas por agrupacións e individualidades da Galiza solidarias co pobo palestino, impulsa esta convocatoria, á vez que se fai referencia ao chamado a unha xornada de acción global por parte do Comité Nacional Palestino do movemento BDS (Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel). Estas son as manifestacións convocadas nas cidades galegas:
Coruña: 19:30h, Obelisco dos Cantóns.
Ferrol: 19:30h, Praza Vella.
Lugo: 20:00h, Delegación Provincial da Xunta, Ronda da Muralla, 70.
Ourense: 20:00h, Subdelegación de Goberno, Parque de San Lázaro, 1.
Pontevedra: 19:30h, Hospital Provincial, Rúa Doutor Loureiro Crespo, 2.
Santiago de Compostela: 20:30h, Praza 8 de Marzo.
Vigo: 20:00h, Oliveira, Paseo de Afonso XII.
Escribe o teu comentario