Miles de membros da comunidade educativa manifestáronse este domingo en Santiago pedindo "sentar a negociar" coa Consellería
A marcha, que reuniu a familias, docentes e estudantes, pide a redución de cocientes e a eliminación de burocracia excesiva no sistema educativo galego, entre outras esixencias
Máis de 4.500 persoas congregáronse este domingo en Santiago para participar nunha manfiestación convocada polos sindicatos CIG-Ensino, STEG e CSIF. A marcha, que deu comezo na Alameda de Santiago e conluyó na Praza de Praterías, reuniu a un gran conxunto de participantes, entre os que se incluían, ademais de profesorado, ANPAS, familias e alumnado.
As demandas dos manifestantes estaban enfocadas na redución de cocientes en todas as etapas educativas para mellorar a atención na diversidade, ademais da restauración do horario lectivo previo aos recortes de Feijóo en Galicia e de Rajoy a nivel español, e un complemento salarial igualitario para todo o profesorado, "sen discriminación por antigüidade ou cargo". Adicionalmente, fíxose tamén un chamado para a eliminación da burocracia, considerada "inutil", e reducir as tarefas administrativas no ámbito educativo.
Ao final da marcha na Praza dás Praterías tivo lugar un acto, dirixido polo artista e docente de Latín, Xurxo Souto, onde interviñeron profesores representantes de diferentes etapas e niveis educativos de Galicia.
Os convocantes da manifestación mostráronse satisfeitos co resultado da protesta. "A valoración que facemos desde o Comité de Folga é dun éxito absoluto", indicaron fontes do sindicato STEG. "Máis de 4.500 persoas déronse cita hoxe en Compostela para pedirlle ao conselleiro Román Rodríguez que sente a negociar co comité de folga".
A manifestación evidenciou a demanda de diálogo por parte da comunidade educativa que este domingo se concentraba na capital galega coa Consellería de Educación. "Entendemos que a manifestación continúa deixando a pelota encima do tellado da Consellería", afirman dende STEG, subliñando a necesidade de que a Consellería cumpra coa súa olbigación de establecer negociacións. "Todo vai adiante, a folga ganeral educativa convocada está en pé, xa que o profesorado continúa respondendo, o profesorado continúa demostrando que quere obrigar á Consellería a sentar.
Os convocantes do comité de folga, formado por STEG , #CIG e #CSIF, expresaron así a súa profunda satisfacción co traballo realizado e reiteraron o seu chamamento ao profesorado galego a continuar mobilizar para lograr cambios no sector educativo.
Escribe o teu comentario