Miles de persoas rodean a sede da Xunta para pedir o freo da aprobación de 77 proxectos eólicos

O prazo límite para conseguir unha autorización previa administrativa por parte da Xunta conclúe o día 25


|

Manifestación a las puertas del edificio de la Xunta, en San Caetano, de cientos de personas convocadas por la Coordinadora Eólica Así Non!
Manifestación ás portas do edificio da Xunta, en San Caetano / Foto: @EP

Miles de persoas rodearon este domingo a sede da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela para reclamar a paralización da aprobación dos 77 proxectos eólicos que xa recibiron a declaración de impacto ambiental positiva e cuxa posta en marcha creen que "implicará danos irreparables".

 

Cunha cadea humana baixo a choiva e coa lema "Roedamos a Xunta. Non á depredación macre-eólica especulativa", a Coordinadora Eólica Así Non dá por cumplico "con fartura" o reto de rodear a sede da Xunta "como a Xunta pretende rodear aos galegos e galegas de infraestruturas eólicas".

 

Os manifestantes volveron así a reclamar unha transición enerxética "xusto e sostible" e non " á conta de todo". Por iso, demandaron á Xunta unha planificación enerxética "ordenda e ao servizo do pobo", a ampliación da rede de espazos naturais protexidos e a "restitución dos dereitos de participación pública nos procesos de automatización".

 

Da mesma maneira, advirten de que "os danos" da aprobación de todos estes proxectos eólicos poden ser "irreparables, tanto ambiental como socialmente".

 

Ao fin da macha, leron un manifestio no que esixiron ao Goberno galego que denegue as autorizacións de "as ducias de macroparques eólicos aos que a Consellería de Medio Ambiente xa outorgou permiso ambiental o pasado mes de xaneiro".

 

Estes 77 parques eólicos, explican, teñen de prazo límite até este martes, 25 de abril, para poder conseguir autorización previa administrativa por parte da Xunta de Galicia.
 

MÁIS EXPEDIENTES

Reclaman así mesmo a "inmediata paralización" duns 150 expedientes eólicos que a Xunta, apuntan, "aínda manitiene en tramitación".

 

Eólica Así Non, conformada por máis de 200 colectivos do ámbito ecoloxista, sindical, veciñal e comunidades de montes, lembrou que levan máis de dous anos "reclamando unha nova planificación pública, ordenada e ao servizo do pobo". "Agora a paralización de todos os proxectos é máis necesaria que nunca", expoñen.

 

"Os galegos e galegas non podemos nin debemos tolerar este asalto de cara das grandes multinacionais especuladoras da enerxía, nin gobernos que, para favorecelas, pon en risco o futuro de todo un país", reinvindican.


Piden por último á Xunta e ao Goberno central que "recapaciten" para "evitar a destrución irreparable do país" e camiñar cara a unha transición enerxética "xusta e sostible" que "respecte ao pobo galego e a Galicia".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE