A CIG mobilízase polo despedimento dunha das súas delegadas

O sindicato afirma que durante o pasado ano dúas compañeiras da CIG foron sometidas a moitas presións


|

Cigpontevedra
Concentración deste venres fronte á residencia Someray en Pontevedra / Foto: CIG

A federación de servizos da CIG de Pontevedra manifestouse este venres na residencia da terceira idade Soremay, para así rexeitar o despedimento dunha das súas delegadas no comité de empresa e denunciar a represión sindical por parte da dirección. A próxima mobilización terá lugar o vindeiro mércores día 11 no mesmo lugar, tamén ás 12:00 do mediodía.

 

A protesta tivo lugar na rúa Pedro Sarmiento de Gamboa, no centro da cidade, ao berro de" Non á represión de Soremay", "Contra a represión, mobilización" e "Soremay, escoita, estamos en loita".

 

Desde a central denunciaron que este se trata dun claro caso de represión sindical, polo que os seus servizos xurídicos traballan xa no recurso para reclamar a nulidade da rescisión de contrato "inxusta e arbitraria" que tivo lugar a finais do pasado mes de novembro.

 

Iván Veiga, da #CIG, asegurou que a decisión da empresa non ten fundamento algún nos estritamente laboral. "Esta compañeira nunca tivo ningún tipo de queixa, nin por escrito nin de maneira verbal, con anterioridade ao despedimento". Por iso considera que o despedimento responde a unha represalia polo traballo sindical da traballadora, que é representante da #CIG no comité de empresa.

 

Aseguraron ademais que a situación laboral da traballadora cambiou desde que se iniciou o proceso de eleccións sindicais na residencia en marzo de 2022. Neste proceso, ela e outra compañeira son elixidas delegadas pola #CIG.

 

"Desde ese momento as dúas son sometidas a moitas presións, tanto pola xerencia como polas outras delegadas, de CC.OO. e #UXT", afirman desde a #CIG.

 

Veiga denuncia así mesmo que as delegadas de CC.OO. e #UXT, con maioría no comité de empresa, pretendesen acordar coa dirección aspectos que empeoraban o propio convido colectivo. Trátase de aspectos como "a limitación dos días de libre disposición, o cuadrante anual ou mesmo temas tan granves como limitar o dereito individual a acoller a unha adaptación ou redución da xornada por conciliación familiar".

 

Considera ao mesmo tempo que con esta maneira de proceder "está a xogarse dun modo @ruín, co pan dunha traballadora e da súa familia", ademais de estar a se producir, asegura, unha vulneración do dereito fundamental de liberdade sindical.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE