O Goberno reforza desde o luns a vixilancia en portos e polígonos galegos ante a folga de transportistas

Con esta vixilancia, o goberno tratará de garantir "o dereito a traballar dos transportistas e a subministración a puntos de venda e áreas comerciais"


|

El delegado del Gobierno en Galicia, José Miñones, en una reunión con los responsables autonómicos de la Policía Nacional y de la Guardia Civil.
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, nunha reunión cos responsables autonómicos da Policía Nacional e da Garda Civil.

A Delegación do Goberno en Galicia activou un dispositivo de reforzo de vixilancia en portos e polígonos galegos para tratar de garantir "o dereito a traballar dos transportistas e a subministración a puntos de venda e áreas comerciais" ante o paro indefinido que convocou o sector do transporte a partir do luns.

 

Non se concretou aínda o número de axentes deste operativo, que comezará na madrugada deste luns, pero o delegado do Goberno, José Miñones, xunto cos responsables autonómicos da Policía Nacional e da Garda Civil, asegurou que se despregarán medios en portos, polígonos industriais e outras zonas de especial importancia loxística para vixiar o cumprimento do dereito a traballar dos transportistas en Galicia, así como garantir a subministración a puntos de venda, supermercados e superficies comerciais.

 

A subdelegación do Goberno en Lugo avanzou que a Policía Nacional e a Garda Civil reforzase a presenza de axentes nas principais vías de comunicación da provincia, nos accesos aos polígonos industriais, así como nos portos de Burela e Celeiro.

 

No caso de Pontevedra, os dispositivos especiais terán lugar nos portos de Vigo, Marín e Vilagarcía de Arouse, ademais de nos polígonos industriais con maior actividade relacionada co transporte de mercadorías.


Nas provincias da Coruña e Ourense non se especificaron zonas concretas, pero si confirman que se reforzará a vixilancia e despregarán axentes en zonas de especial importancia loxística.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE