Ferida unha persoa en Cospeito ao saír da vía o vehículo que conducía
O accidente tivo lugar na LU-P-1704, á altura do quilómetro tres, ao seu paso pola parroquia de Piñeiro
Unha persoa resultou ferida nun brazo tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo en Cospeito (Lugo).
Segundo informa o 112 Galicia, o accidente tivo lugar na LU-P-1704, á altura do quilómetro tres, ao seu paso pola parroquia de Piñeiro, onde un coche se saíu da vía e terminou envorcado.
Até alí desprazáronse bombeiros da zona, Garda Civil de Tráfico e Urxencias Sanitarias.
Escribe o teu comentario