Accidente mortal en Monforte de Lemos: morre un home ante o hospital na rúa da Veiga
O sucesto tivo lugar sobre as 10:30 horas ante o hospital monfortino.
Un home morreu este mércores ao sufrir un atropelo en Monforte de Lemos (Lugo), segundo informa o 112. O accidente produciuse sobre as 10,30 horas.
Segundo a información do 112, o primeiro aviso produciuse sobre esa hora e un dos que avisou foi o condutor do vehículo implicado no atropelo, na rúa da Veiga, fronte ao hospital.
O 112 avisou ao servizo de urxencias sanitarias, aos Bombeiros de Monforte, Garda Civil de Tráfico e Policía Local. A pesar dos esforzos dos servizos de emerxencias, nada se puido facer por salvarlle a vida ao home.
Escribe o teu comentario