Un autobús urbano de Lugo queda feito cachizas tras impactar contra unha vivenda

O condutor e un pasaxeiro resultaron feridos leves nun suceso que tivo lugar no barrio lucense de Albeiros.


|

Bus lugo
Foto: @g24noticias

 

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha vivenda do barrio de Albeiros, segundo informou a Policía Local, que tamén sinalou que un dos pasaxeiros resultou ferido.

O accidente ocorreu sobre as 11,00 horas na rúa Camiño do Souto, cando o autocar "se foi de atrás" e impactou contra unha vivenda, causando danos materiais.

Ademais, un dos usuarios do bus sufriu un golpe na cabeza, pola que sangraba de forma abundante, segundo trasladaron fontes policiais. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE