Desconvocan a folga de limpeza nos hospitais da área sanitaria de Ferrol
Ademais, comprometéronse a reforzar o persoal das instalacións con novas contratacións, nos casos de ampliacións de superficies a limpar posteriores á data do acordo
A folga, que estaba convocada durante tres días a partir deste luns, no servizo de limpeza dos hospitais da área sanitaria de Ferrol foi desconvocada tras chegar a un acordo a representación sindical e responsables da empresa.
Segundo o sindicato CIG, maioritario no comité de empresa, a folga foi desconvocada despois de que a empresa aceptase a proposta do comité de folga de realizar seis contratacións indefinidas.
Ademais, comprometéronse a reforzar o persoal das instalacións con novas contratacións, nos casos de ampliacións de superficies a limpar posteriores á data do acordo.
Escribe o teu comentario