Axente da Garda Civil aparece morto dun disparo nun cuartel
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, confirmou a apertura dunha investigación pola morte dun garda civil no cuartel de Miño (A Coruña).
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, confirmou a apertura dunha investigación pola morte dun garda civil no cuartel de Miño (A Coruña).
Cuartel da Garda Civil en Miño | Google Street View
O axente, que estaba de baixa psicolóxica, foi localizado morto por un disparo no propio cuartel desta localidade coruñesa "hai dous días", explicaron a Europa Press fontes da Benemérita.
Sobre este caso, precisaron tamén que, de acordo cos protocolos existentes, abriuse unha investigación. Mentres, o delegado do Goberno trasladou o pésame á familia e os seus compañeiros, aos que expresou tamén toda a súa "solidariedade".
Escribe o teu comentario