O Arde Lucus 2024 celebrarase do 13 ao 16 de xuño

Jorge Bustos, concelleiro de Xuventude, agradeceu ás asociacións romanas e castrexas que forman parte da organización deste evento o traballo que realizan durante todo o ano


|

Archivo - Varias personas caracterizadas durante la batalla final entre Castrexos y romanos para cerrar Arde Lucus, a 25 de junio de 2023, en Lugo, Galicia.
Arquivo - Varias persoas caracterizadas durante a batalla final entre Castrexos e romanos para pechar Arde Lucus / Foto: @EP

A XXIII edición do Arde Lucus celebrarase entre o 13 e o 16 de xuño de 2024. Así llo trasladou o concejarl de Xuventurde, Jorge Bustos, ás 19 asociacións que fan posible esta festa de recreación histórica na capital lucense.

 

Segundo comunicou o goberno municipal, o edil agradeceu ás asociacións romanas e castrexas que forman parte da organización deste evento o traballo que realizan durante todo o ano e "o seu esforzo e dedicación para recrear con fidelidade" as orixes da cidade.

 

Bustos avanzou así que tras o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional o ano pasado, o consistorio municipal renderá homenaxe ás asociacións distinguíndoas coas Medallas de Ouro de Lugo.

 

A entrega deste recoñecemento, a máxima distinción que o Concello concede a entidades ou á cidadanía, terá lugar nunha cerimonia que se desenvolverá o próximo 30 de novembro, no MIHL.

Lara Méndez, a alcaldesa de Lugo, destacou o alcance "social, turístico e económico" que xeral esta festa e explicou que un dos motivos polo cal anuncian as feschas con antelación é permitir que o tecido asociativo, os veciños, a hostalaría e o comercio local póidanse preparar e traballar con previsión.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE