Pecha ao tráfico a N-642, a principal vía da Mariña, por unha focha provocada polas choivas

Técnicos do Ministerio de Transportes estudan alternativas ao tráfico, que agora se desvía pola LU-P-1502 ou a LU-162


|

Imagen
Arquivo - A estrada N-642 permanecerá cortada ao tráfico debido á focha producida polas fortes choivas / Foto: G24

A estrada N-642, que une os municipios da Mariña lucense, permanece cortada ao tráfico á altura do acceso a Burela desde Foz, debido a unha focha producida polas fortes choivas caídas na zona nos últimos días.

 

Segundo fontes da #DXT, o tramo que se tivo que cortar é o que transcorre entre os quilómetros 41 e 44 desta vía, á altura da praia de Areoura, no municipio lucense de Foz.

 

O treito cortado coincide, concretamente, coa zona onde a calzada se desvía para Burela ou para a veriante. De feito, o alcalde do municipio, Alfredo Llano, non ocultou a súa preocupación polo punto no que se produciu o desprendemento e afirmou que as consecuencias desta derrube son "amoladas".

 

Segundo o alcalde, estes desprendementos "poden dar lugar a que caia na súa totalidade un tramo". Ademais, destacou a importancia desta vía na Mariña, xa que é "case o único medio de comunicación e por aí trasládase todo o mundo entre os municipios".

 

Técnicos do Ministerio estudan unha alternativa para o tráfico na zona, que nestes momentos desviouse pola estrada LU-P-1502, da Deputación, e a LU-162, da Xunta, para "chegar a Burela por Monte Castelo".

 

Neste contexto, o rexedor urxe unha solución, xa que se trata da vía de entrada ao Hospital Comarcal da Mariña, e tamén por ser unha estrada con tráfico de camións do porto pesqueiro ou de transporet de madeira, entre outros.

 

Alfredo Llano asegurou que a estrada estaba "en perfecto estado". Con todo, "a acumulación constante de auga" nas últimas semanas terminou por desgastala.


O alcalde de Burela recoñeceu que as obras poden estender no tempo e non cre que se resolva durante o fin de semana. O problema agora, insistiu, é a alternativa. Ademais, indicou que os técnicos estudan realizar unha obra para construír unha vía alternativa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE